Foliada da Fonsagrada

A Foliada da Fonsagrada celébrase a primeira ou segunda fin de semana de decembro desde o ano 2015. É un evento sen ánimo de lucro organizado pola asociación cultural Petapouco e a Destempo.

Cada ano organízanse concertos, cantos de taberna, feira de artesanía e obradoiros de instrumentos e baile. Xa se consolidou coma unha das foliadas de referencia de Galicia.

Cada ano reúne a centos de persoas no concello da Fonsagrada e é esperada con entusiasmo tanto polos veciños e veciñas como visitantes procedentes de toda Galicia.
Compartir:
Máis información: @foliadadafonsagrada

Próxima edición:

Imaxe para X Foliada da Fonsagrada
X Foliada da Fonsagrada 5 decembro 2025

Outras edicións: