X Foliada da Fonsagrada

venres, 5 de decembro - domingo, 7 de decembro
Imaxe principal para X Foliada da Fonsagrada

venres, día 5
11:00 Ruta da Mina das Talladas. Información e inscrición.
18.00 Obradoiro "O pouso da violencia" por Branca Villares. Inscrición e máis información.
19:30 Obradoiro "Recursos de improvisación de percusión para acompañamento" por Andrea e Alejandra Montero. Inscrición e máis información.
20:00 Proxección do "O Rural Imaxinado" e "Sabvia Interior".
20:30 Obradoiro de baile por Cris Canosa. De balde. Sen inscrición.
21:30 Concertos de Unto Vello, El Nido e Delameseta.

sábado, día 6
11:00 Apertura da Feira de Artesanía.
12:00 Vermú con Pärbo e Tona.
17:00 Presentación do libro "Arte Menor".
18:00 Presentación do libro "O violín que trae o vento".
19:00 Coloquio e avance do documental "360 curvas".
21:00 Concertos de Os Melidaos, De Ninghures, Baiuca e Duendeneta.

domingo, día 7
12:30 Pasabares co grupo Seimeira.
18:00 Cantos de taberna. Información e inscrición.
21:00 Butelada e fin de festa. Información e inscrición.

Información e inscrición para a butelada neste formulario. Data límite de inscrición: 3 de decembro.
Contaremos con dúas opcións de menú cun prezo de 32 euros por comensal e un menú infantil para os menores de 12 anos, cun prezo de 18 euros. Os menús serán os seguintes:
Butelada: cocido da Fonsagrada que consistirá en cachola, lacón, garavanzos, grelos, cachelos e butelo. Sobremesa: brazo de xitano.

Vegano: ensalada mixta e risotto de choupíns (o risotto será elaborado sen queixo). Sobremesa: froita.

Ambos menús incluirán café e bebida, que consistirá en viño, cervexa, refrescos, gasosa e auga.
Inscrición e máis información para o obradoiro "O Pouso da violencia" con Branca Villares neste formulario. De balde.
No obradoiro, Branca interpretará e comentará cantigas recollidas na montaña lucense e materiais do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade,  así como doutros traballos de recolleita de Dorothé Schubarth, Antón Santamarina, Xesús Mato, Mini ou Mero.

O formato será interactivo, propoñendo diálogos arredor das cantigas e temas para cantar co alumnado, facendo partícipe ao público da reflexión e da interpretación.

📅 Venres 5 de decembro – 18.00 horas
📍 Local de Ensaio da A.C. Antaruxas e Sorteiros (aquí)
⏱️ Duración: 1 hora 30 minutos aprox.
💶 Prezo: DE BALDE (máx. 25 prazas)

Inscrición e máis información para o obradoiro "Recursos de improvisación" coas irmás Alejandra e Andrea Montero neste formulario. 20 €.
Neste obradoiro, de nivel intermedio-avanzado, compartirán patróns e recursos rítmicos para pandeireta e tamboril, explorando novas formas de acompañamento a instrumentos como a gaita ou o acordeón. Un espazo para mesturar tradición, improvisación e evolución musical.

📅 Venres 5 de decembro – 19.30 horas
📍 Local de Ensaio da A.C. Antaruxas e Sorteiros (aquí)
⏱️ Duración: 1 hora 30 minutos aprox.
💶 Prezo: 20 € por persoa (mín. 15 – máx. 25 prazas)
Inscrición e máis información para os cantos de taberna neste formulario. Data límite: 28 de novembro ás 13:00.
Recordamos que cada grupo participante nos Cantos de Taberna ten dereito a un máximo de dez consumicións nas que se inclúe: auga, café, refrescos, cervexa, viño e chopos. As consumicións a maiores correrán a gasto particular dos participantes.

Cada grupo admitido deberá aboar 100€ a modo de fianza que serán devoltos o día dos cantos sempre que o grupo asista.
Inscrición e máis información para a ruta das minas e As Talladas neste formulario.
Recomendacións: Traede calzado impermeable e cómodo, así como roupa de abrigo (aínda que, cando nos poñamos a andar, todo sobra). Non esquezades auga e un bocata para recuperar forzas.

Nome: Ruta das minas das Talladas
Día: Venres 5 de decembro ás 11.00 horas (saída da Fonsagrada)
Lonxitude: 13,89 km
Dificultade: Media
Desnivel: 546 m
Duración: 4 horas e media
Prezo: 15€
Información para durmir na Escola Fogar da Fonsagrada neste documento. O formulario para inscribirse estivo dispoñible o 27 de outubro ás 20:00 pero pechouse en pouco tempo porque se cubriron as prazas moi rápido.

Información para durmir no polideportivo neste documento. O formulario para inscribirse estivo dispoñible a comezos de novembro pero pechouse en poucos minutos porque se cubriron as prazas moi rápido.

Organizada pola asociación Petapouco e a Destempo.
Compartir:
Máis información: @foliadadafonsagrada
Abrir mapa en Google Maps.

Artistas participantes

Baiuca

Catoira, Pontevedra

Baiuca está formado por Alejandro Guillán Castaño, nado en 1990. Innova coa mestura de música electrónica e música tradicional galega resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica.
Próximas datas

Branca Villares

Lugo

Naceu en Lugo no ano 1980. Forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de canto tradicional, pandeira, pandeiro e pandeireta en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.
Próximas datas

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Melidaos

Melide, A Coruña

Grupo de música tradicional. Nace no ano 2001.
Próximas datas

PÄRBO

Dúo formado por Begoña Riobó (violín, arpa céltica e voz) e Anxo Pintos (zanfona e violín). Din que fan "músicas contempo-devanceiras".
Próximas datas

Seimeira

Cuarteto tradicional galego formado por Pepe Vaamonde e Brais Monxardín nas gaitas e Miguel Anxo López e Hugo García na percusión. Todos eles profesores de música en diferentes centros e cunha ampla traxectoria no eido tradicional.
Próximas datas

Tona

Próximas datas

Unto Vello

Formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez. Unto Vello é un grupo de música tradicional con dúas voces, acordeón e diversos instrumentos de percusión.
Próximas datas

Foliada da Fonsagrada

A Foliada da Fonsagrada celébrase a primeira ou segunda fin de semana de decembro desde o ano 2015. É un evento sen ánimo de lucro organizado pola asociación cultural Petapouco e a Destempo.

Cada ano organízanse concertos, cantos de taberna, feira de artesanía e obradoiros de instrumentos e baile. Xa se consolidou coma unha das foliadas de referencia de Galicia.

Cada ano reúne a centos de persoas no concello da Fonsagrada e é esperada con entusiasmo tanto polos veciños e veciñas como visitantes procedentes de toda Galicia.

Outras foliadas