XI Foliada da Fonsagrada

venres, 4 – domingo, 6 de decembro
Imaxe principal para XI Foliada da Fonsagrada

Programación completa proximamente.

venres, 4
18:30 Cantos de taberna

Instrucións, normas e máis información para durmir na na Escola Fogar da Fonsagrada neste documento. O formulario de inscrición e data publicouse nas súas redes sociais. As prazas cubríronse só un poucos minutos despois de seren publicadas.

Inscrición e máis información para os cantos de taberna neste formulario.
Compartir:
Máis información: @foliadadafonsagrada
Abrir mapa en Google Maps.

Foliada da Fonsagrada

A Foliada da Fonsagrada celébrase a primeira ou segunda fin de semana de decembro desde o ano 2015. É un evento sen ánimo de lucro organizado pola asociación cultural Petapouco e a Destempo.

Cada ano organízanse concertos, cantos de taberna, feira de artesanía e obradoiros de instrumentos e baile. Xa se consolidou coma unha das foliadas de referencia de Galicia.

Cada ano reúne a centos de persoas no concello da Fonsagrada e é esperada con entusiasmo tanto polos veciños e veciñas como visitantes procedentes de toda Galicia.

Outras foliadas