Programación da VIII Foliada da Fonsagrada:
xoves, 7 de decembro
11:00 Ruta dos pintores. Cunha lonxitude de 11,5 kms, dificultade media, e unha duración aproximada de 4 horas e media. Ten un prezo de 15 €. Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable, auga e un bocadillo. Saída en bus da praza da Igrexa. Máis información e formulario para inscribirse aquí.
16:00 Obradoiro "Anciu a la percusión asturiana": unha toma de contacto cos ritmos básicos a dúas mans da tradición asturiana. Impartido por Ramsés Ilesies. Impartirase no local da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros. Ten un prezo de 17 €. Máis información e formulario para inscribirse aquí.
17:30 Obradorio "Los vaqueiros d'alzada": unha toma de contacto co repertorio do occidente asturiano, pero tamén coa súa realidade cultural, separándonos de mitos e folklorismos. Impartido por Ramsés Ilesies. Impartirase no local da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros. Ten un prezo de 17€. Máis información e formulario para inscribirse aquí.
19:00 Obradoiro "De brincos e loias": introdución ao canto improvisado na montaña luguesa. Impartido por Kike Estévez. Impartirase no local da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros. Ten un prezo de 17 €. Máis información e formulario para inscribirse aquí.
21:00 Butelada. A data límite de inscrición é o 30 de novembro. Terá lugar na Escola fogar. Máis información e formulario para inscribirse aquí.
venres, 8 de decembro
12:00 Cantos de taberna polos bares colaboradores.
18:00 Presentación do libro "Berpiztu" de Kepa Junkera na Casa do concello.
19:00 Homenaxe ás bailadoras na Casa do concello.
21:00 Concerto de Polavilak, banda dirixida por Pedro Lamas en homenaxe a Kepa Junkera. Unha actuación que recompila a traxectoria deste virtuoso trikitrilari euskaldun, repasando todo o repertorio dende os seus comezos.
23:00 Concerto do dúo asturiano L-R, formado por Leticia Baselgas e Rubén Bada.
01:00 Concerto de OMIRI, un dos proxectos máis orixinais para a reinvención da música de raíz portuguesa.
sábado, 9 de decembro
11:00 Apertura da feira de artesanía.
11:30 Presentación do libro "Herminio Villaverde. A trompa na Fonsagrada" na Casa do concello.
12:00 Axeigo na feira de artesanía.
12:00 Concerto de Alana, un novo trío musical integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Recentemente galardoadas co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
13:45 Concerto de Caamaño & Ameixeiras, un dúo ligado ao baile e música de raíz poñerán punto e final ao vermú do sábado.
17:30 Obradoiro: "Iniciación ao baile foliadeiro" con Ismael Carcedo na carpa dos concertos. Gratis.
18:00 Programa especial do Faiado Podcast na Casa do concello.
21:30 Concerto de Irmaus da Raia Seca, para comezar a noite do sábado: catro dos artistas máis consagrados da nosa música xúntanse e estréanse co seu novo grupo formado por Pablo Pascual, Gutier Álvarez, Javier Álvarez e Pedro Pascual.
23:30 Concerto de Tiruleque para continuar o sábado noite: unha banda que naceu na Coruña no ano 2002. Un quinteto tradicional que mestura as fontes da tradición da música galega con outras moitas influencias.
01:30 Concerto de Mondra para pechar a noite do sábado: artista, cantareiro e bailador, un dos nomes máis frescos da nova escena musical galega. Este outono presentou Ardēn, unha experiencia musical, visual e performativa que dialoga coa música tradicional galega.
A Foliada da Fonsagrada celébrase a primeira fin de semana de decembro desde o ano 2015. É un evento sen ánimo de lucro organizado pola asociación cultural Petapouco e a Destempo.
Cada ano organízanse concertos, cantos de taberna, feira de artesanía e obradoiros de instrumentos e baile. Xa se consolidou coma unha das foliadas de referencia de Galicia.
Cada ano reúne a centos de persoas no concello da Fonsagrada e é esperada con entusiasmo tanto polos veciños e veciñas como visitantes procedentes de toda Galicia.