IV Foliada da Fonsagrada

8 de decembro de 2018, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para IV Foliada da Fonsagrada

10:00 Comezo.

Compartir:
Máis información: @foliadadafonsagrada
Abrir mapa en Google Maps.

Artistas participantes

Airiños da Freba

Lugo

Música tradicional da provincia de Lugo, inspirada nos cuartetos, quintetos e pequenas orquestras.
Próximas datas

Axeigo

Lugo

Grupo de música tradicional galega.
Próximas datas

Cé Orquestra Pantasma

Home orquestra é un proxecto unipersoal con diferentes propostas musicais.
Próximas datas

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Os d'Abaixo

Santiago de Compostela, A Coruña

Os d’Abaixo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folclore de Galiza. Formouse no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela.
Próximas datas

Foliada da Fonsagrada

A Foliada da Fonsagrada celébrase a primeira ou segunda fin de semana de decembro desde o ano 2015. É un evento sen ánimo de lucro organizado pola asociación cultural Petapouco e a Destempo.

Cada ano organízanse concertos, cantos de taberna, feira de artesanía e obradoiros de instrumentos e baile. Xa se consolidou coma unha das foliadas de referencia de Galicia.

Cada ano reúne a centos de persoas no concello da Fonsagrada e é esperada con entusiasmo tanto polos veciños e veciñas como visitantes procedentes de toda Galicia.

Outras foliadas