Foliada Arredor da Tradición

Bar Aturuxo, rúa Pazos Fontenla 59
Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación, investigación e divulgación da música de tradición galega. Está integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, e deu os seus primeiros pasos a fins do 2016.

Partindo do traballo de campo buscan afondar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio.

Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra), que veu a luz en decembro de 2017. Ademais, teñen feito en conxunto artigos de divulgación científica así coma charlas e obradoiros por todo o país galego, e non só. Neste 2025 verá a luz unha ampla monografía sobre o pandeiro cadrado na Galiza na que levan traballando nove anos.
Compartir:
Máis información: @arredordatradicion

Próxima edición:

Imaxe para Foliada Arredor da tradición
Foliada Arredor da tradición 9 febreiro 2025

Outras edicións: