Foliada Arredor da tradición

Nova edición: domingo, 1 de marzo Estás vendo unha edición anterior, clic aquí para ir á máis recente.
xoves, 1 de xaneiro, a esta xa non chegamos!
Bueu, Pontevedra
Bar Aturuxo, rúa Pazos Fontenla 59
Imaxe principal para Foliada Arredor da tradición

12:00 Comezo.

Organizado por Arredor da Tradición.

Compartir:
Máis información: @arredordatradicion
Abrir mapa en Google Maps.

Artistas participantes

Arredor da Tradición

Arredor da tradición é un grupo de investigación e divulgación formado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, en activo desde 2016. A súa liña de traballo céntrase na compilación e estudo das músicas de tradición oral galegas, coa vontade de dar voz ás informantes e de resocializar o patrimonio musical a través da divulgación.
Próximas datas

Foliada Arredor da Tradición

Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación, investigación e divulgación da música de tradición galega. Está integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, e deu os seus primeiros pasos a fins do 2016.

Partindo do traballo de campo buscan afondar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio.

Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra), que veu a luz en decembro de 2017. Ademais, teñen feito en conxunto artigos de divulgación científica así coma charlas e obradoiros por todo o país galego, e non só. Neste 2025 verá a luz unha ampla monografía sobre o pandeiro cadrado na Galiza na que levan traballando nove anos.

Outras foliadas