Foliada ao vermú Arredor da Tradición

domingo, 1 de marzo ás 12:00
Bueu, Pontevedra
Bar Aturuxo
Imaxe principal para Foliada ao vermú Arredor da Tradición

12:00 Comezo.
Volta ao Aturuxo a foliada ao vermú de Arredor da Tradición. Denantes da foliada aberta, faremos unha breve presentación da nosa achega ao proxecto documental “Por que non cantades todas” da Deputación de Pontevedra. Coma sempre haberá bo ambiente, sorpresas e por suposto moito baile. Vide celebrar e compartir a nosa tradición oral! 

Organizado por Arredor da Tradición.

Compartir:
Máis información: @arredordatradicion

Artistas participantes

Arredor da Tradición

Arredor da tradición é un grupo de investigación e divulgación formado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, en activo desde 2016. A súa liña de traballo céntrase na compilación e estudo das músicas de tradición oral galegas, coa vontade de dar voz ás informantes e de resocializar o patrimonio musical a través da divulgación.
Próximas datas

Foliada Arredor da Tradición

Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación, investigación e divulgación da música de tradición galega. Está integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, e deu os seus primeiros pasos a fins do 2016.

Partindo do traballo de campo buscan afondar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio.

Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra), que veu a luz en decembro de 2017. Ademais, teñen feito en conxunto artigos de divulgación científica así coma charlas e obradoiros por todo o país galego, e non só. Neste 2025 verá a luz unha ampla monografía sobre o pandeiro cadrado na Galiza na que levan traballando nove anos.

Outras foliadas