Foliada Arredor da tradición

domingo, 9 de febreiro ás 12:00
Bar Aturuxo, rúa Pazos Fontenla 59
Imaxe principal para Foliada Arredor da tradición

12:00 Comezo.

Volta ao Aturuxo a foliada ao vermú de Arredor da Tradición.

Este ano, denantes da foliada aberta, Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio falarán sobre o proceso de incoación como Ben de Interese Cultural da música e do baile tradicionais de Galicia.

Como grupo anfitrión, abrirán a foliada coas colaboracións habituais das pandeireteiras Andrea Cabanelas e Noelia Villaverde.

Esta ano as pandeireteiras veteranas convidadas son as da aldea de Reghodobargho, na parroquia da Insua do concello de Ponte Caldelas.

Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación, investigación e divulgación da música de tradición galega. Está integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, e deu os seus primeiros pasos a fins do 2016. Partindo do traballo de campo buscan profundizar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio. Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra), que veu a luz en decembro de 2017. Ademais, teñen feito en conxunto artigos de divulgación científica así coma charlas e obradoiros por todo o país galego, e non só. Neste 2025 verá a luz unha ampla monografía sobre o pandeiro cadrado na Galiza na que levan traballando nove anos.
Compartir:
Máis información: @arredordatradicion
Abrir mapa en Google Maps.

Foliada Arredor da Tradición

Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación, investigación e divulgación da música de tradición galega. Está integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, e deu os seus primeiros pasos a fins do 2016.

Partindo do traballo de campo buscan afondar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio.

Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra), que veu a luz en decembro de 2017. Ademais, teñen feito en conxunto artigos de divulgación científica así coma charlas e obradoiros por todo o país galego, e non só. Neste 2025 verá a luz unha ampla monografía sobre o pandeiro cadrado na Galiza na que levan traballando nove anos.

Outras foliadas