12:00 Comezo.
Denantes da foliada aberta farase a presentación do documental “Axudádeme a cantar” por parte de Xulia Feixoo, e do proxecto “Abrindo a arca: Felicia de Fofe” por parte de Guillerme Ignacio.
Pódese obter máis información sobre o documental "Axudádeme a cantar" en consellodacultura.gal ou nesta nova de praza.gal. Tamén se pode ver o trailer en YouTube.
Haberá sorpresas e moito baile.
Eestá organizada por Arredor da tradición, grupo de traballo arredor das músicas de tradición oral galegas.
Arredor da tradición está integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, e deu os seus primeiros pasos a fins do 2016. Partindo do traballo de campo buscan profundizar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio. Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra), que veu a luz en decembro de 2017. Ademais, teñen feito en conxunto artigos de divulgación científica así coma charlas e obradoiros por todo o país galego, e non só.
Abrir mapa en Google Maps.