Buscar

Domingo das Mozas

O primeiro domingo das festas de San Froilán comezou a coñecerse como Domingo das Mozas en oposición ao Día dos Patrós, o día de San Froilán (5 de outubro).

O nome apareceu impreso por primeira vez nunha publicación do programa das festas da imprenta Gerardo Castro Montoya, foi a partir deste momento que o concello fixo oficial este nome.

O domingo era o día no que as mozas e mozos da provincia acudían a Lugo a comprar e pasar o día porque era o único día que non tiñan que traballar.

Tradicionalmente, a xente da cidade de Lugo gozaba o San Froilán o 5 de outubro ao ser este festivo local e os veciños dos arredores achegábanse a Lugo o domingo.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar

Última edición:

Imaxe para XXVI Mostra de música tradicional Domingo das Mozas
XXVI Mostra de música tradicional Domingo das Mozas 6 outubro 2024

Outras edicións: