XXVII Mostra de música tradicional Domingo das Mozas

12 de outubro de 2025, a esta xa non chegamos!
Praza Santa María
Imaxe principal para XXVII Mostra de música tradicional Domingo das Mozas

11:00 53ª Edición do Desfile do traxe galego na praza Maior con Cántigas e Frores.
11:30 a 14:00 Pasarrúas
17:00 a 18:00 Pasarrúas.
18:00 Concerto de As Lagharteiras na praza de Santa María.
20:00 Concerto de Fiandola na praza de Santa María.

Grupos participantes nos pasarrúas: Gaiteiros da Ría, Maghua pandeireteiros, Os Fondaos do Pífaro, Os Monifates, Par de Par, Pingarela, Sadeo pandeireteiras, Senfol gaiteiros, Sons de Abrente e Tumba e Dálle.

Organizado por Asociación de gaiteiros/as galegos/as.

Compartir:
Abrir mapa en Google Maps.

Asociacións e artistas participantes

Asociación de gaiteiros/as galegos/as

Pontevedra

Asociación do baile e a música de tradición galega.
Próximas datas

Fondãos do Pìfaro

Grupo de percusión baseado nos coñecidos grupos de bombos portugueses da comarca do Fundão. Acompañan a percusión cun pífaro principalmente no repertorio do país veciño, pero tamén coa gaita nas pezas das treboadas galegas.
Próximas datas

Maghúa

A Coruña

Maghúa está formado por Xiao, Nacho, Serxo, Serxio, Manu, Xosé e Davide. Publicaron Corricán no ano 2012 e Matria no ano 2014. Están a ultimar o que será o seu novo traballo: Nus.
Próximas datas

Monifates

Dúo coa gaita, bombo e zanfona como eixo.
Próximas datas

Par de Par

Ourense

Grupo de gaitas formado no ano 2010 na AOFT.
Próximas datas
P

Pingarela

Lugo

Próximas datas

Sadeo

Ponteareas, Pontevedra

Asociación cultural.
Próximas datas
S

Senfol

Gaiteiros.
Próximas datas
SA

Son do Abrente

Mos, Pontevedra

Próximas datas

Tumba e Dálle

A Mariña Oriental

Próximas datas

Domingo das Mozas

O primeiro domingo das festas de San Froilán comezou a coñecerse como Domingo das Mozas en oposición ao Día dos Patrós, o día de San Froilán (5 de outubro).

O nome apareceu impreso por primeira vez nunha publicación do programa das festas da imprenta Gerardo Castro Montoya, foi a partir deste momento que o concello fixo oficial este nome.

O domingo era o día no que as mozas e mozos da provincia acudían a Lugo a comprar e pasar o día porque era o único día que non tiñan que traballar.

Tradicionalmente, a xente da cidade de Lugo gozaba o San Froilán o 5 de outubro ao ser este festivo local e os veciños dos arredores achegábanse a Lugo o domingo.

Outras foliadas