XXVIII Mostra de música tradicional Domingo das Mozas

luns, 12 de outubro ás 11:30
Praza Santa María
Imaxe principal para XXVIII Mostra de música tradicional Domingo das Mozas

11:30 a 14:00 Pasarrúas
17:00 a 18:00 Pasarrúas
18:30 Concerto das Bouba na praza de Santa María
20:00 Concerto de Os Carunchos na praza de Santa María

Organizado por Asociación de gaiteiros/as galegos/as.

Compartir:
Abrir mapa en Google Maps.

Asociacións e artistas participantes

Asociación de gaiteiros/as galegos/as

Pontevedra

Asociación do baile e a música de tradición galega.
Próximas datas

Axeigo

Lugo

Grupo de música tradicional galega.
Próximas datas

Bouba

A Pontraga, Tordoia, A Coruña

Pandeireteiras, tocadoras e cantadoras.
Próximas datas

Cántigas e Frores

Lugo

A asociación cultural "Cántigas e Frores" foi creada en Lugo no ano 1948 como unión das agrupacións "Frores e Silveiras" e "Cantigas e Aturuxos". Ambas agrupacións proviñan da excisión do "Orfeón Galego" que dirixía o mestre Xoán Montes.
Próximas datas

Lembranzas do Tambre

Oroso, A Coruña

Asociación folclórica. Con máis de 40 anos de traxectoria.
Próximas datas

Lubicans

Ourense

Próximas datas

Os Carunchos

Vigo, Pontevedra

Os Carunchos é un grupo de musica tradicional galega creado no ano 1994 na cidade de Vigo.
Próximas datas

Os Mecos de Ogrobe

O Grove, Pontevedra

Gaiteiros.
Próximas datas

Os Mersenarios

Próximas datas

Tradescola

Lugo

Centro de formación especializado na música e no baile tradicional.
Próximas datas

Turoqva

Pontevedra

Grupo de música tradicional galega.
Próximas datas

Domingo das Mozas

O primeiro domingo das festas de San Froilán comezou a coñecerse como Domingo das Mozas en oposición ao Día dos Patrós, o día de San Froilán (5 de outubro).

O nome apareceu impreso por primeira vez nunha publicación do programa das festas da imprenta Gerardo Castro Montoya, foi a partir deste momento que o concello fixo oficial este nome.

O domingo era o día no que as mozas e mozos da provincia acudían a Lugo a comprar e pasar o día porque era o único día que non tiñan que traballar.

Tradicionalmente, a xente da cidade de Lugo gozaba o San Froilán o 5 de outubro ao ser este festivo local e os veciños dos arredores achegábanse a Lugo o domingo.

Outras foliadas