Buscar

25 Mostra de música tradicional Domingo das Mozas

Data 8 de outubro de 2023, a esta xa non chegamos!
Enderezo Praza Santa María
Imaxe principal para 25 Mostra de música tradicional Domingo das Mozas

Pasarrúas

De 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 18.00.

Grupos participantes

Rebulir Cultura Tradicional, Ramirás.

Souto Ximaro, Lourenzá.

Río de Anxo, Rianxo.

Os Faiscas de Solobeira, Cambados.

Abertal, A Rúa.

Tumba e Dalle, A Mariña Lucense.

Charanga Traspés, Vigo.

Grupo de baile Traspés, Vigo.

Pandeireteiras e pandeireteiros Traspés, Vigo.

Par de Par, Ourense.

Os Mecos de Ogrobe, O Grove.

Axeigo, Lugo.

Concertos

Bouba pandeireteiras e Tanto Nos Ten.

De 18.00 a 20.00 na Praza Santa María.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: gaiteirosgalegos.gal

Abrir mapa en Google Maps.

Artistas participantes

Axeigo

Lugo

Grupo de música tradicional galega.
Próximas datas

Bouba

A Pontraga, Tordoia, A Coruña

Pandeireteiras, tocadoras e cantadoras.
Próximas datas

Faíscas de Solobeira

Cambados, Pontevedra

Próximas datas

Par de Par

Ourense

Grupo de gaitas formado no ano 2010 na AOFT.
Próximas datas

Rebulir

Ramirás, Ourense

Asociación cultural e escola de baile e música tradicional. Nace no ano 2005 seguindo coa senda aberta anteriormente pola agrupación folclórica Sendra, a banda de gaitas de Ramirás e a escola de baile de Ramirás.
Próximas datas

Río de Anxo

Rianxo, A Coruña

Próximas datas

Tanto Nos Ten

Tanto Nos Ten é un grupo de música galego cun repertorio de músicas e letras propias e do saber popular.
Próximas datas

Traspés

Vigo, Pontevedra

Asociación cultural. Fundouse no ano 2009. Traspés ten como finalidade amosar ao público unha realidade cultural que nos resistimos a esquecer.
Próximas datas

Tumba e Dálle

A Mariña Oriental

Próximas datas

Domingo das Mozas

O primeiro domingo das festas de San Froilán comezou a coñecerse como Domingo das Mozas en oposición ao Día dos Patrós, o día de San Froilán (5 de outubro).

O nome apareceu impreso por primeira vez nunha publicación do programa das festas da imprenta Gerardo Castro Montoya, foi a partir deste momento que o concello fixo oficial este nome.

O domingo era o día no que as mozas e mozos da provincia acudían a Lugo a comprar e pasar o día porque era o único día que non tiñan que traballar.

Tradicionalmente, a xente da cidade de Lugo gozaba o San Froilán o 5 de outubro ao ser este festivo local e os veciños dos arredores achegábanse a Lugo o domingo.

Outras foliadas