11:30 Pasarrúas
17:00 Pasarrúas.
18:30 Concerto de Carapaus. Praza de Santa María.
20:00 Concerto de Os Melidaos. Praza de Santa María.
Grupos participantes nos pasarrúas: A Gaita de Sarandón (Vedra), Asociación Ourensá de Folclore (AOFT, Ourense), Contiños da Feira (A Coruña), Herba Grileira (Melide), Illa Pancha (Ribabdeo), Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo), Os Barrios (Chantada), Raigames (Vigo) e Silveiras do Támega (Laza).
Abrir mapa en Google Maps.
O primeiro domingo das festas de San Froilán comezou a coñecerse como Domingo das Mozas en oposición ao Día dos Patrós, o día de San Froilán (5 de outubro).
O nome apareceu impreso por primeira vez nunha publicación do programa das festas da imprenta Gerardo Castro Montoya, foi a partir deste momento que o concello fixo oficial este nome.
O domingo era o día no que as mozas e mozos da provincia acudían a Lugo a comprar e pasar o día porque era o único día que non tiñan que traballar.
Tradicionalmente, a xente da cidade de Lugo gozaba o San Froilán o 5 de outubro ao ser este festivo local e os veciños dos arredores achegábanse a Lugo o domingo.