XLVI Festival Irmandiño

venres, 22 de agosto - domingo, 24 de agosto
Imaxe principal para XLVI Festival Irmandiño

venres, día 22
22:00 Repichoca popular no campo da festa.

sábado, día 23
11:00 Exposición no castelo: Colección Hibernarse de Fillas de Cassandra.
13:30 Sesión vermú no campo do festival.
16:00 Xogos e asalto infantil ao castelo.
18:00 Xogos tradicionais con Norterra.
21:00 Mediarea.
22:30 De Ninghures.
00:00 Lectura do pregón Asalto ao castelo.
00:45 Tanxugueiras.
02:30 Vimbio.

domingo, día 24
13:30 Sesión vermú a carón do castelo.
15:00 Comida campestre.
16:30 Paracetafolk.
17:30 Lina & Lola.
Compartir:
Máis información: festivalirmandiño.gal

Artistas participantes

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Lina e Lola

O Morrazo

Pandeireteiras.
Próximas datas

Mediarea

O Hío, Cangas, Pontevedra

Catro artistas de O Hío que aportan un toque fresco á música tradicional.
Próximas datas

Paracetafolk

Paracetafolk é un proxecto decidido a levar a festa foliadeira a calquera recuncho da nosa terra, recoñecido na pasada gala dos Premios Martín Códax da Música, na categoría de Artista Emerxente.
Próximas datas

Tanxugueiras

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica.

Próximas datas

Festival Irmandiño

O Festival Irmandiño nace no ano 1980 no Concello de Moeche a iniciativa dun grupo de veciños e veciñas concienciados da necesidade de reivindicar a música, a cultura e a historia de Galicia.

Nestes 45 anos de historia, pasaron polo Festival Irmandiño máis de 140 grupos representativos do mellor do folk galego, español e europeo.

Outras foliadas