17:00 Visita a Piornedo
Coñeceremos a historia do pobo, as súas pallozas e a forma de vida tradicional que forma parte da nosa identidade.
20:00 Polavila con concerto de piano clásico
Un encontro arredor da música, da cultura e da comunidade.
Precio do concerto 30 euros podes adquirir no concerto ou en kadelica.com
🧀🍷 Cata de produtos dos Ancares
Gozaremos dos sabores da nosa terra para completar esta experiencia cultural.
💚 A música tamén constrúe patrimonio.
Esta iniciativa, organizada conxuntamente por Sons na Palleira e Teitos de Piornedo, nace do compromiso compartido coa cultura e coa conservación do noso patrimonio.
Unha parte da recadación destinarase a colaborar cos traballos de conservación e teitado das pallozas de Piornedo, contribuíndo a manter vivo este legado único dos Ancares para as vindeiras xeracións. 🌾🏡
Porque conservar as pallozas é conservar a nosa historia, a nosa identidade e a memoria viva da nosa terra.
✨ Vén compartir connosco a nosa cultura e axúdanos a manter vivo o noso patrimonio!