XLV Festival Irmandiño

16 de agosto de 2024 - 18 de agosto de 2024, a esta xa non chegamos!
Moeche, A Coruña
Imaxe principal para XLV Festival Irmandiño

venres, 16 de agosto

22.00 Repichoca popular no campo do festival.


sábado, 17 de agosto

13.00 Apertura do castelo con entrada e visitas guiadas gratuitas ata a tarde, e contaremos con unha gran exposición.

13.30 Sesión vermú no campo do festival.

16.30 Xogos infantís e asalto infantil ao castelo de Moeche.

18.00 Competición de xogos tradicionais ao lado do campo do festival.

21.30 Nimbos.

23.00 Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

00.30 Lectura do pregón a cargo de Mini Rivas e Asalto ao Castelo con recreación da queima da fachada do castelo.

01.15 A Banda das Crechas.

02.45 Loita Amada.


domingo, 18 de agosto

13.30 Sesión vermú ao pé do castelo.

15.00 Comida campestre á sombra da nosa fortaleza.

16.30 Faíscas da Pontraga.

17.30 No Cómbaro.
Compartir:
Máis información: festivalirmandiño.gal

Artistas participantes

Adufeiras de Salitre

Cantareiras e pandeireterias.

Próximas datas

Banda das Crechas

Santiago de Compostela, A Coruña

A Banda das Crechas é unha selección de músicos que tocan nas foliadas da Casa das Crechas.
Próximas datas

Faíscas da Pontraga

Tordoia, A Coruña

Fundado o 20 de xullo do ano 2002, tras a xuntanza de catro amigos para participaren nun concurso de cuartetos tradicionais.
Próximas datas

Nimbos

As Pontes de García Rodríguez, A Coruña

Nimbos é un proxecto musical que nace en xuño de 2023. Está formado por Álvaro García (guitarra), Diego Barro (percusión), Xalo Rubio (acordeón) e Antía Franco (frauta, gaita e voz).
Próximas datas

No Cómbaro

As Pontes de García Rodríguez, A Coruña

No Cómbaro é un grupo de música tradicional. Fórmase no ano 2003.
Próximas datas

Xabier Díaz

A Coruña

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional.
Próximas datas

Festival Irmandiño

O Festival Irmandiño nace no ano 1980 no Concello de Moeche a iniciativa dun grupo de veciños e veciñas concienciados da necesidade de reivindicar a música, a cultura e a historia de Galicia.

Nestes 45 anos de historia, pasaron polo Festival Irmandiño máis de 140 grupos representativos do mellor do folk galego, español e europeo.

Outras foliadas