Romaría Santa Margarida

xoves, 28 de agosto - domingo, 31 de agosto
Parque de Santa Margarida
Imaxe principal para Romaría Santa Margarida

xoves, día 28 Anfiteatro de Santa Margarida
20:00 Belém Tajes.
21:00 Concerto de Gala i Ovidio. Entradas en entradas.ataquilla.com (21,60 €).

venres, día 29
18:00 Concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero. Planetario da Casa das Ciencias.
19:00 Concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero. Planetario da Casa das Ciencias.
21:00 Gran noite do folclore. Anfiteatro de Santa Margarida. Con Cántigas da Terra, Aturuxo, Xacarandaina, Donaire e Son d'Aquí.

sábado, día 30 Explanada da Casa das Ciencias
11:00 Apertura da mostra de entidades e artesanía.
Obradoiro de iniciación á pandeireta con Aturuxo. (45 min)
11:15 Obradoiro de baile intermedio. Achegamento ao baile na comarca de Ordes con Cántigas da Terra. (45 min)
12:00 Obradoiro de pandeireta avanzado. Ruada de Cances da Vila (Carballo) con Fransy González. (90 min)
12:30 Obradoiro de iniciación ao baile para nenos/as con Son d'aquí. (45 min)
13:30 Actuación de PAN.SEN.FRON
Peche da mostra de entidades e artesanía.
16:00  Apertura da mostra de entidades.
Obradoiro de combo de percusión tradicional con Maghúa. (45 min)
16:15 Obradoiro de iniciación ao baile para persoas adultas con Xacarandaina (45 min).
17:00 Obradoiro de intermedio de pandeireta con Pansenfron. (45 min)
17:15 Obradoiro de baile avanzado con Artur Puga. (90 min)
18:00 Obradoiro de iniciación á pandeira con Donaire. (45 min)
19:00 Actuación de ABRIL.
Peche da mostra de entidades e artesanía.
20:30 Anfiteatro de Santa Margarida
Concertos de As Lagharteiras, Os do Fondo da Barra e Comando Curuxás coas cantareiras de Cántigas e Frores.

domingo, día 31
12:00 Concerto da banda municipal de música da Coruña con Donaire. Escalinata da Casa das Ciencias.
13:00 Concerto de Casapalma. Escenario das merendas.
17:00 Pasarrúas con Espadana. Parque de Santa Margarida.
17:30 Concerto de Xiro. Escenario das merendas.
19:00 Concertos de Os Melidaos, Rura e El Nido e convidadas. Anfiteatro de Santa Margarida.
Compartir:
Máis información: @romaria_santamargarida

Asociacións e artistas participantes

ABRIL

Formado por Claudia Abril, Marina Carpente e Antón Lago. Nace no ano 2022.
Próximas datas

Artur Puga

Ourense

Director de Seisporoito (escola de baile tradicional), docente e intérprete. Formado nas ciencias do movemento e o baile e a música tradicional galega.
Próximas datas

Aturuxo

A Coruña

Agrupación folclórica. Nace en 1955.
Próximas datas

Cántigas da Terra

A Coruña

Coro galego fundado na Coruña no ano 1916.
Próximas datas

Cántigas e Frores

Lugo

A asociación cultural "Cántigas e Frores" foi creada en Lugo no ano 1948 como unión das agrupacións "Frores e Silveiras" e "Cantigas e Aturuxos". Ambas agrupacións proviñan da excisión do "Orfeón Galego" que dirixía o mestre Xoán Montes.
Próximas datas

Comando Curuxás

Comando Curuxás nace no ano 2017. O seu son lembra ás antigas romarías. Defínense como "música tradicional Maquis".

Próximas datas

Donaire

A Coruña

A asociación cultural Donaire nace no ano 2000. Está dedicada á música e baile tradicional.
Próximas datas

Fransy González

Bergantiños

Cantareira e pandeireteira. Investigadora e mestra de música tradicional galega.
Próximas datas

Lagharteiras

Pandeireteiras.
Próximas datas

Maghúa

A Coruña

Maghúa está formado por Xiao, Nacho, Serxo, Serxio, Manu, Xosé e Davide. Publicaron Corricán no ano 2012 e Matria no ano 2014. Están a ultimar o que será o seu novo traballo: Nus.
Próximas datas

Melidaos

Melide, A Coruña

Grupo de música tradicional. Nace no ano 2001.
Próximas datas

Os do Fondo da Barra

A Coruña

Os do fondo da barra son os cantareiros da asociación cultural Xacarandaira. Divulgan dende 1993 o canto e a música tradicional de Galicia.
Próximas datas

PAN.SEN.FRON

Pandeireteiras sen Fronteiros é un grupo de música tradicional de Galicia, feita con voz e percusión. Os seus principais obxectivos son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmandala con outras culturas e sonoridades tradicionais.
Próximas datas

Son d'Aquí

A Coruña

Asociación cultural. Fundouse no ano 2014.
Próximas datas

Xacarandaina

A Coruña

Asociación cultural. Fundouse no ano 1978 coa finalidade de conservar, divulgar e dignificar o Patrimonio Inmaterial de Galicia.
Próximas datas

Xiro

Próximas datas

Romaría Santa Margarida

Romaría de Santa Margarida.

Outras foliadas