xoves, 29 de agosto
22:00 PAN.SEN.FRON e Rodrigo Cuevas. Anfiteatro. Entradas en ataquilla.com desde 21,60 €.
venres, 30 de agosto
19:00 Trilitrate. Planetario.
21:00 Gran noite do folclore con Donaire, Son d'aquí e Xacarandaina. Anfiteatro.
22:10 Bailador da Compañía de danza Óscar Cobos. Anfiteatro.
sábado, 31 de agosto
Explanada da Casa das Ciencias.
11:15 Apertura da mostra de entidades e artesanía.
11:30 Obradoiro de iniciación á pandeireta con PAN.SEN.FRON.
11:45 Obradoiro de baile avanzado. Carballesa con Montse Rivera.
12:30 Obradoiro de iniciación aos coros galegos con Cántigas da Terra.
12:30 "O toque pechado". Presentación con Pablo Seoane.
13:30 Actuación de Maghua.
14:00 Peche da mostra de entidades e artesanía.
16:15 Apertura da mostra de entidades e artesanía.
16:30 Obradoiro de iniciación ao baile con Xacarandaina.
"Un violoncello, catro historias". Presentación con Adrián M. Pereiro.
16:45 Obradoiro de pandeireta avanzado. Cantares de Tordoia con Carme Iglesias.
17:30 Obradoiro de baile infantil con Donaire.
18:30 Obradoiro de baile intermedio. Jota no sur de Pontevedra con Maghúa.
Obradoiro de iniciación a cunchas e culleres con Son d'aquí.
A construción do violín tradicional en Galicia. Charla con Josó Catoira.
19:30 Peche da mostra de entidades e artesanía.
20:30 De Ninghures, Tiruleque e Xurxo Fernandes. Anfiteatro.
domingo, 1 de setembro
12:00 Banda municipal da Coruña con Cántigas da terra. Escalinata da Casa das Ciencias.
13:00 Pesdelán. Escenario das merendas.
17:00 Espadana. Pasarrúas.
18:00 Caldo. Escenario das merendas.
20:00 Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Fetén Fetén e Startijenn.
Caldo é un trío galego formado por María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra). A súa música tradicional achégase a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cós propios instrumentos.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.