IV Xornada de carballesa

sábado, 25 de abril ás 11:00
Seceda do Courel, Folgoso do Courel, Lugo
Imaxe principal para IV Xornada de carballesa

11.00 Obradoiro teórico-práctico de baile sobre Carballesa. Impartido por Julia Mª Pozo Méndez e Chema Cebeiro Fernández. *con inscrición
Obradoiro teórico-práctico de gaita sobre Carballesa. Impartido por Oscar Vázquez Darriba. Con inscrición.
14.00 Xantar. Con reserva.
16.30 Homenaxe aos Brindos e aos brindadores e obradoiro do Brindo: recursos, melodías e narrativas na tradición oral no Courel. Impartido por Branca Villares.
17.30 Filandón.
18.30 Baile cos grupos das escolas de música tradicional dos Concellos de O Incio, O Courel e Pobra de Brollón.
20.00 Concerto de Galega de Bailables.

A Asociación de Gaiteirxs Galegxs - AGG, xunto coa Vicepresidencia. Deputación de Lugo - área de Cultura e o Concello de Folgoso do Courel -Turismo , organizan o vindeiro sábado 25 de abril, a cuarta edición das xornadas sobre a CARBALLESA, que terá lugar en Seceda do Courel.

Neste recuncho do concello, nas parroquias de Eiriz, do Carballal, de Seceda e no veciño Val do Incio, tocábase e bailábase unha muiñeira característica que se chama Carballesa.

Sentimos que temos a obriga de loitar por conservar o noso; e ademáis homenaxear e lembrar aos nosos antecesores e as súas ensinanzas e tamén a toda a xente que traballou e que fixo recollidas para que estas riquezas culturais chegaran ata os nosos días. 

E queremos facelo con esta cuarta edición da xornada sobre a Carballesa, na que temos previsto realizar dous Obradoiros teórico - prácticos sobre a Carballesa, un de baile, que impartirán Julia Mª Pozo Méndez e Chema Cebeiro Fernández, e un de gaita , que impartirá Oscar Vázquez Darriba, facer unha sentida homenaxe que nesta ocasión queremos dedicalo aos brindos e aos brindadores, e para tal fin contaremos coa colaboración de Branca Villares quen guiará e impartirá o “Obradoiro o Brindo: recursos, melodías e narrativas na tradición oral no Courel.”, tamén terá lugar un filandón aberto para todos os e as asistentes a cargo do grupo de teatro Milrosas de Lóuzara Samos, e seguidamente iniciarase o baile cos grupos das escolas de música tradicional dos Concellos de O Íncio, O Courel e Pobra de Brollón, e rematarase o día co concerto a cargo de grupo  Galega de Bailables. *Nos vindeiros días informaremos como anotarvos aos distintos obradoiros e como reservar o xantar.

Esta actividade contará tamén coa colaboración de Lar da cima - aloxamentos turísticos, Carmen Álvarez - pintora plástica, Supermercado Cal “Boter” e mel artesán de montaña O Galeirón.

Animámosvos a todas e a todos a acompañarnos nesta xornada, a desfrutar da nosa música e do noso baile e convidámosvos a que traiades os vosos instrumentos, e a gozar dun marabilloso día cheo de música tradicional e a maiores, nun entorno incomparable. 

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, para contribuír e potenciar a divulgación da nosa cultura e a súa conservación.

Dende a AGG traballamos arreo para que a nosa cultura e as nosas tradicións non caian no esquecemento e sexan un patrimonio vivo do que sentirnos orgullosos.

Organizado por Asociación de gaiteiros/as galegos/as.

Compartir:
Máis información: @agg.gal
Abrir mapa en Google Maps.

Asociacións e artistas participantes

Asociación de gaiteiros/as galegos/as

Pontevedra

Asociación do baile e a música de tradición galega.
Próximas datas

Branca Villares

Lugo

Naceu en Lugo no ano 1980. Forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de canto tradicional, pandeira, pandeiro e pandeireta en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.
Próximas datas

Galega de bailables

Compañía galega.
Próximas datas

Xornada de carballesa

Organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Esta idea xurdiu para intentar que non esvaeza unha das riquezas culturais que hai na zona oeste do Concello de Folgoso do Courel. Neste recuncho do concello, nas parroquias de Eiriz, do Carballal, de Seceda e no veciño Val do Incio, tocábase e bailábase unha muiñeira característica que se chama Carballesa.

Outras foliadas