Buscar

II Xornada de Carballesa

Data sábado, 20 de abril, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para II Xornada de Carballesa

11:00 Obradoiro teórico práctico de Carballesa. Imparte Montse Rivera.

13:30 Descanso para merenda (por conta propia). Haberá unha cantina con bebidas.

17:30 Homenaxe a informantes, bailadores e músicos da zona.

18:00 Filandón:

- Representación veciñal e “Contos da Serra”.
- Concerto de TresPesos.
- Baile e música coa participación de Airiños do Neira, Grupo de canto e baile do Courel e o grupo Macizas Centrais.

Posibilidade de cea cos postos de O sabor dos Ancares, A Carqueixa e pizzas artesás de A Cova das Mouras.

Organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: gaiteirosgalegos.gal

Artistas participantes

Airiños do Neira

Baralla, Lugo

Asociación cultural Airiños do Neira.
Próximas datas

Macizas Centrais

A Pobra de Trives, Ourense

Forman parte da asociación cultural A Caniceira.
Próximas datas

Tres Pesos

Tres Pesos está formado por Felisa Segade, Xoan Porto e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo). Música de onte e de hoxe.

Próximas datas

Xornada de carballesa

Organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Esta idea xurdiu para intentar que non esvaeza unha das riquezas culturais que hai na zona oeste do Concello de Folgoso do Courel. Neste recuncho do concello, nas parroquias de Eiriz, do Carballal, de Seceda e no veciño Val do Incio, tocábase e bailábase unha muiñeira característica que se chama Carballesa.

Outras foliadas