III Xornada de carballesa

sábado, 26 de abril, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para III Xornada de carballesa

11:00 Obradoiro práctico de carballesa con Xisco Feijoó.

14:00 Xantar. A cargo de A Carqueixa con reserva.

17:00 Homenaxe a informantes, bailadores/as e músicos/as da comarca (Courel, O Incio e Samos).

17:45 Filandón

18:00 Baile: Troupelear con Branca Villares e Pablo Pintor.

19:30 Concerto: Traede Ferrallada con Xisco Feijoó.

Organizado por Asociación do baile e a música de tradición galega.

Compartir:
Máis información: @agg.gal
Abrir mapa en Google Maps.

Asociacións e artistas participantes

Asociación do baile e a música de tradición galega

Pontevedra

Asociación de gaiteiros/as galegos/as.
Próximas datas

Branca Villares

Lugo

Naceu en Lugo no ano 1980. Forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de canto tradicional, pandeira, pandeiro e pandeireta en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.
Próximas datas

Xisco Feijoó

Xisco Feijoó é un cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu.

Próximas datas

Xornada de carballesa

Organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Esta idea xurdiu para intentar que non esvaeza unha das riquezas culturais que hai na zona oeste do Concello de Folgoso do Courel. Neste recuncho do concello, nas parroquias de Eiriz, do Carballal, de Seceda e no veciño Val do Incio, tocábase e bailábase unha muiñeira característica que se chama Carballesa.

Outras foliadas