Buscar

Xornada de Carballesa

Data 30 de abril de 2023, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para Xornada de Carballesa

11:30 Obradoiro teórico práctico de Carballesas con Xabier Iglesias.

13:30 Xantar.

18:00 Homenaxe a informantes, bailadores e músicos da zona.

19:00 Baile coa actuación do grupo de música tradicional Airiños da Febra.

Ao remate Foliada.

Organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar

Abrir mapa en Google Maps.

Xornada de carballesa

Organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Esta idea xurdiu para intentar que non esvaeza unha das riquezas culturais que hai na zona oeste do Concello de Folgoso do Courel. Neste recuncho do concello, nas parroquias de Eiriz, do Carballal, de Seceda e no veciño Val do Incio, tocábase e bailábase unha muiñeira característica que se chama Carballesa.

Outras foliadas