Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica.
O Festival Intercéltico do Morrazo é un festival de música folk que ten lugar en Moaña, no mes de agosto, desde o ano 1985.
En 2003 a Unión Europea considerouno de Interese Comunitario, e o Ministerio de Cultura de España considerouno de Interese Cultural.