O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.
O Festival Intercéltico do Morrazo é un festival de música folk que ten lugar en Moaña, no mes de agosto, desde o ano 1985.
En 2003 a Unión Europea considerouno de Interese Comunitario, e o Ministerio de Cultura de España considerouno de Interese Cultural.