XLII Festival intercéltico do Morrazo e Mostra de artesanía e cultura tradicional

mércores, 22 – domingo, 26 de xullo
Moaña, Pontevedra
Imaxe principal para XLII Festival intercéltico do Morrazo e Mostra de artesanía e cultura tradicional

mércores, día 22
20.45 Gaiteiros de Moaña, Breogán, Solaina e Charaviscas

xoves, día 23
20.45 Arco da Vella, Meiramar Axóuxeres, Salgharitas e Son de Nós.

venres, día 24
18.30 Obradoiro de pandeireta e cunchas con Guillerme Inácio Costa de Arredor da Tradición.
19.30 Inauguración de Tapiz 42 FIM de Alfombristas de San Martiño-Moaña.
20.00 Obradoiro de danzas do mundo con Suso Cancelas e o grupo As Pías.

sábado, día 25
12.30 Obradoiro de whistle con Anxo Lorenzo.
20.00 Obradoiro de baile galego con Manolo Cobas e o grupo de gaitas Os Muiñeiros.

domingo, día 26

10.00 Ruta Moaña, paisaxe e son: río da Fraga, o río grande coa Fundación Legar. Inscrición no WhatsApp 622 832 237.
11.30 Obradoiro de zanfona con Iván Costa.
13.00 Unto Vello. Actuación en sesión vermú.
17.30 Obradoiro de trécolas con Xavier Blanco, Fundación Legar.
19.00 Obradoiro de gaita con Iván Costa.
20.00 Na festa da MOA: Escola da Música Tradicional de Moaña e a Banda Airiños do Morrazo.

Todos os obradoiros son de balde: Os obradoiros de pandeireta, whistle, zanfona e gaita teñen cabida máxima para 25 persoas e o de trécolas para 18 persoas; celebraranse na sala de exposicións do Concello Vello e precisan inscrición previa no correo: moanaantiqua@gmail.com.

Os obradoiros de Danzas do Mundo e Baile Galego celebraranse no contorno do Palco da Música.
Compartir:
Máis información: @interceltico_morrazo

Asociacións e artistas participantes

Arco da Vella

Domaio, Moaña, Pontevedra

Cantareiras.
Próximas datas

Breogán

Moaña, Pontevedra

Asociación folclórica.
Próximas datas

Charaviscas

Domaio, Moaña, Pontevedra

Asociación cultural e folclórica. Fundada no ano 1980.
Próximas datas

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Gaiteiros de Moaña

Quintela, Moaña, Pontevedra

Próximas datas

Meiramar Axóuxeres

Meira, Moaña, Pontevedra

Asociación folclórica, cultural e xuvenil pola recuperación e difusión da cultura galega e o seu folclore.
Próximas datas

Mondra

Recesende, Teo, A Coruña

Mondra é Martín Mondragón, un cantareiro e bailador galego. Naceu no ano 2000.
Próximas datas

Salgharitas

Moaña, Pontevedra

Asociación cultural. Nace en Moaña para fomentar e difundir a cultura tradicional galega.
Próximas datas

Solaina

Berducedo, Moaña, Pontevedra

Asociación cultural.
Próximas datas

Son de Nós

Moaña, Pontevedra

A asociación cultural Son de Nós é unha entidade sen fins lucrativos fundada en 2023 por un grupo de amigos e amigas cunha cumprida traxectoria no eido da música tradicional, co obxectivo primeiro da formación dun grupo de gaitas e percusión.
Próximas datas

Unto Vello

Formado por Bieito Pereira e Xabi Gómez. Unto Vello é un grupo de música tradicional con dúas voces, acordeón e diversos instrumentos de percusión.
Próximas datas

Festival Intercéltico do Morrazo

O Festival Intercéltico do Morrazo é un festival de música folk que ten lugar en Moaña, no mes de agosto, desde o ano 1985.

En 2003 a Unión Europea considerouno de Interese Comunitario, e o Ministerio de Cultura de España considerouno de Interese Cultural.

Outras foliadas