18:00 Obradoiro de baile con Rebeca Tallón Xogos populares con Somos Enredos 19:00 Actuacións: As do 20, Axóuxeres de Cornado, No Deloiro, AC Escola Vivantes, Embruxo Gaiteiros e A Pinguela de Bama Contertos: PAN.SEN.FRON e Comando Curuxás Ao remate Foliada aberta
Asociación cultural. Nace no ano 2017 co obxectivo de impulsar o Entroido dos Xenerais da Ulla e dinamizar a vida social e cultural da parroquia e da súa contorna.
Pandeireteiras sen Fronteiros é un grupo de música tradicional de Galicia, feita con voz e percusión. Os seus principais obxectivos son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmandala con outras culturas e sonoridades tradicionais.