Buscar

VII Morada de Bama

Data sábado, 11 de maio, a esta xa non chegamos!
Enderezo Campo da festa de Bama
Imaxe principal para VII Morada de Bama

18:00 Apertura do mercado de artesanía.

Xogos populares coa AGXPT e espectáculo infantil con Elisa e Ían no Espazo Deleite.

19:00 Obradoiro de baile tradicional con Rebeca Tallón.

20:00 Actuacións do Grupo de Gaitas A Carballeira, Areliñas e Riscadela, A Xesteira de Couso e A Pinguela de Bama.

23:30 Concertos de Encrucillada e Bailai Malditos.

Haberá carpa, pulpeira e espazo para acampada.

A inscrición para participar no mercado de artesanía estivo aberta ata o 14 de abril neste formulario.

Organizado por A Pinguela de Bama.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: Instagram logo @apinguelabama

Asociacións e artistas participantes

A Pinguela de Bama

Bama, Touro, A Coruña

Asociación cultural. Nace no ano 2017 co obxectivo de impulsar o Entroido dos Xenerais da Ulla e dinamizar a vida social e cultural da parroquia e da súa contorna.
Próximas datas

A Xesteira

Couso, A Estrada, Pontevedra

A Asociación Cultural e Xuvenil A Xesteira traballa na difusión cultural e coñecemento da historia e costumes dos lugares nos que vivimos.
Próximas datas

Bailai Malditos

Santiago de Compostela, A Coruña

Formado por Xoán Porto (gaita), Xosé Tunhas (tambor) e Ana Lenza (bombo).
Próximas datas

Encrucillada

Ferrol

Grupo de música tradicional galega da comarca de Ferrolterra formado por Alberto, Antonio, Xoán, Óscar, Javi e Elena.
Próximas datas

Outras foliadas