Buscar

XXXIX Festa da Carballeira

Data venres, 9 de agosto - sábado, 10 de agosto, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para XXXIX Festa da Carballeira

venres, día 9

21:00 Maneiro, Amparanoia e Rebeliom do Inframundo.


sábado, día 10

12:00 A Gramola Gominola, Guadi Galego, Fanfarria Taquikardia.

18:00 Foliada con Churía, Os Petadores, Brincadeira, Pandeireteiros O Fiadeiro e Pandeireteiras Xacarandaina. 

20:30 De Ninghures.

22:00 Os do Fondo da Barra, The O’Reillys and the Paddyhats, Mondra e Storrentos.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: Instagram logo @festadacarballeira

Asociacións e artistas participantes

Brincadeira

Santiago de Compostela, A Coruña

Asociación cultural, escola e grupo de baile e música tradicional. Nace a finais dos anos 70 co obxectivo de conservar e difundir a música e o baile tradicionais galegos.
Próximas datas

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Mondra

Recesende, Teo, A Coruña

Mondra é Martín Mondragón, un cantareiro e bailador galego. Naceu no ano 2000.
Próximas datas

O Fiadeiro

Vigo, Pontevedra

A asociación cultural folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás novas xeracións o legado da cultura inmaterial da tradición galega.
Próximas datas

Os do Fondo da Barra

Os do fondo da barra son os cantareiros da A. C. Xacarandaira. Divulgan dende 1993 o canto e a música tradicional de Galicia. Xacarandaina foi fundada en 1978. Traballa pola conservación, divulgación e dignificación do patrimonio inmaterial de Galicia.

Próximas datas

Xacarandaina

A Coruña

Asociación cultural. Fundouse no ano 1978 coa finalidade de conservar, divulgar e dignificar o Patrimonio Inmaterial de Galicia.
Próximas datas

Outras foliadas