XLI Festa da Carballeira

venres, 7 – sábado, 8 de agosto, a esta xa non chegamos!
Zas, A Coruña
Imaxe principal para XLI Festa da Carballeira

venres, día 7
22:00 El Nido
00:00 Baiuca
01:30 David Pasquet

sábado, día 8
12:45 Paco Nogueiras
14:30 Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
16:00 Ce Orquestra Pantasma
16:30 Mago Teto
18:00 Foliada
20:30 Alana
22:30 Radio Cos
00:00 Backwest
01:30 Fillas de Cassandra
03:00 Señora DJ

Entradas dispoñibles en entradas.festadacarballeira.com.
Compartir:
Máis información: @festadacarballeira

Asociacións e artistas participantes

Adufeiras de Salitre

Cantareiras e pandeireterias.

Próximas datas

Alana

Bergantiños

Alana é un grupo que nace no 2023 integrado por Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro. Buscan a harmonía entre a música tradicional e os ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Foron recentemente galardoados co premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.
Próximas datas

Argalleiros

Sigüeiro, Oroso, A Coruña

Asociación cultural e grupo de música tradicional galega. O grupo nace no ano 2015 e a asociación fúndase no ano 2020.
Próximas datas

Argalleiros

A Coruña

Parte de Xacarandaina.
Próximas datas

Baiuca

Catoira, Pontevedra

Baiuca está formado por Alejandro Guillán Castaño, nado en 1990. Innova coa mestura de música electrónica e música tradicional galega resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica.
Próximas datas

Campantes da Baña

A Baña, A Coruña

Próximas datas

Cé Orquestra Pantasma

Home orquestra é un proxecto unipersoal con diferentes propostas musicais.
Próximas datas

Do Rivés

Pandeireteiras. Está integrado por Hadri e Jenni Felpete, Elena Verdes, Alba Freijeiro e Paula Vilela. A finais de 2023 lanzaron o seu primeiro tema en colaboración con Andrés Boutureira: "Baldomero".
Próximas datas

El Nido

Burgos, Alén do Padornelo

Grupo de música folk formado en Burgos no ano 2018.
Próximas datas

Fillas de Cassandra

Vigo, Pontevedra

Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.
Próximas datas

Petadores

Zas, A Coruña

Grupo de música tradicional galega.
Próximas datas

Xabier Díaz

A Coruña

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional.
Próximas datas

Festa da Carballeira

Festa da Carballeira.

Outras foliadas