XL Festa da Carballeira

venres, 8 de agosto - sábado, 9 de agosto
Imaxe principal para XL Festa da Carballeira

Programación completa e máis información aquí en PDF.

Entradas en events.ticketrona.com desde 10 €.

venres, día 8
22:00 Tanxugueiras, Catuxa Salom e Agoraphobia.

sábado, día 9
12:00 Uxía Lambona e a Banda Molona e A banda da loba.

18:00 Foliada. Con Chorima, grupo de gaitas Xiradela, Pandeireteiras de Raigañas, Gaiteiras DeBuxantes, As Lerchas e Xela Cantareira.

20:30 Carmela.

22:00 Caamaño & Ameixeiras, Mercedes Peón, Ses e Señora DJ.
Compartir:
Máis información: @festadacarballeira

Asociacións e artistas participantes

As Lerchas

Agualada, Malpica de Bergantiños, A Coruña

Pandeireteiras.
Próximas datas

Caamaño & Ameixeiras

O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.

Próximas datas

Carmela

Carmela é un proxecto que basea o seu repertorio no canto de tradición oral, etendéndoo como un construto social vinculado á tradición e, por tanto, á contemporaneidade.
Próximas datas

DeBuxantes

Buxantes, Dumbría, A Coruña

Pandeireteiras.
Próximas datas

Mercedes Peón

A Coruña

Música, cantante e instrumentista galega. Naceu na Coruña en 1967.
Próximas datas

Raigañas

Cerqueda, Malpica de Bergantiños, A Coruña

Asociación cultural da parroquia de Cerqueda. Desde 1980.
Próximas datas

Tanxugueiras

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica.

Próximas datas

Xela Cantareira

Próximas datas

Xiradela

Arteixo, A Coruña

Asociación xuvenil de música e baile tradicional.
Próximas datas

Outras foliadas