XXVII Encontro de música tradicional de Carboeiro e feira de artesanía

sábado, 6 de xuño ás 12:00
Silleda, Pontevedra
Mosteiro de Carboeiro
Imaxe principal para XXVII Encontro de música tradicional de Carboeiro e feira de artesanía

Máis información nas imaxes de abaixo.

12:00 Sesión vermú
Poxa das andas, cerimonia solemne e procesión da Santa Ferreña acompañada polos papamoscas de Viravolta.
Aparición da coca e danza de honra.

Coreografías do facer: Exposición con imaxes do traballo feminino do Fondo Henningsen do APOl - Museo do Pobo Galego. Acompañada por titeres da colección de Viravolta.

Feira de artesanía: con postos de diversos produtos artesáns realizados en metais, cerámica, tecido, coiro, madeira, fibras naturais ou materiais de refugallo en forma de abelorios, instrumentos, complementos ou xoguetes.

Xantar popular: con opción vermella (empanada e xarrete con patacas) ou verde (empanada e arroz con verduras e cogomelos), sobremesa, pan, viño/auga, café e ghotas a 26 €.

Durante a tarde:
Xogos populares e tradicionais para grandes e pequenas
Xogantinas coa ludoteca itinerante de xogos artesanais de SororAs
Obradoiro de toques de campá, Patrimonio inmaterial da humanidade.
Merlo que espera polas cereixas. Contada de Celsiño F. Sanmartin.

Cara a noite
Foliada ata que o corpo aghuante

O prazo de solicitude para a feira de artesanía estivo aberto ata o 15 de maio. Máis información neste formulario.

Organizado por Santa Ferreña.

Compartir:
Máis información: @santaferrenha
Abrir mapa en Google Maps.

Asociacións participantes

Santa Ferreña

Carboeiro, Silleda, Pontevedra

Asociación cultural. Patroa dos encontros de música tradicional de Carboeiro.
Próximas datas

Encontros de música tradicional

Organizados pola Asociación Santa Ferreña.

Outras foliadas