12:00 Obradoiro de toques de campá Patrimonio Inmaterial da Humanidade coa Asociación de Campaneiros de Galicia.
Sesión vermú Poxa das andas, cerimonia solemne e procesión da Santa Ferreña acompañada polos papamoscas de Viravolta. Haberá coca e danza.
Apertura da exposición: Entre todas: nomeando as mestras cantareiras. Proxecto de Andar cos Tempos e María Vidal Solla, acompañada por títeres da colección de
Viravolta.
Feira de artesanía: con postos de diversos produtos artesáns realizados en ferro, cerámica, tecido, coiro, madeira, fibras naturais ou materiais de refugallo en forma de abelorios, instrumentos, complementos ou xoguetes.
Xantar popular: con opción vermella (empanada e xarrete con patacas) ou verde (empanada e arroz con verduras e cogomelos), sobremesa, pan, viño/auga, café e ghotas a 24€.
Durante a tardeXogos populares tradicionais coa ludoteca itinerante de xogos artesanais de Sororas.
Paseo contado entre todas: na sala de exposicións.
Primavera coma caída do ceo: contada de Celsiño F. Sanmartín.
Cara a noite Foliada ata que o corpo aguante.
Información e solicitude de espazo para a feira de artesanía dispoñible
neste formulario ata o 15 de maio.
Organizado por Santa Ferreña.