XXIV Encontro de música tradicional

3 de xuño de 2023, a esta xa non chegamos!
Mosteiro de Carboeiro
Imaxe principal para XXIV Encontro de música tradicional

12:30 Sesión vermú

Poxa das andas, cerimonia solemne e procesión da Santa Ferreña acompañada polos papamoscas de Viravolta. Haberá coca.

Apertura da exposición "DA TÚA MAN PARA A MIÑA" de Fran Rodríguez Casal acompañada por titeres da colección de Viravolta.

Feira de artesanía con postos de diversos produtos artesáns realizados en pedra, cerámica, coiro, madeira, fibras naturais ou materiais de refugallo en forma de abelorios, instrumentos, complementos ou xoguetes.

Xantar popular con opción omnívora (entremeses e xarrete con patacas) ou vexetariana (empanada e arroz con verduras e cogumelos), sobremesa, pan, viño/auga, café e ghotas a 22€.

Durante a tarde

Xogos populares tradicionais coa ludoteca itinerante de xogos artesanais de Sororas.

Recuncho do tocar no claustro do mosteiro.

Dous leós, un caldeiro de limós e un azucareiro de cristal. Contada de Celsiño F. Sanmartín.

E ao que se vaia facendo noite Foliada ata que o corpo aguante.

Organizado por Santa Ferreña.

Compartir:
Máis información: @SantaFerrenha
Abrir mapa en Google Maps.

Asociacións participantes

Santa Ferreña

Carboeiro, Silleda, Pontevedra

Asociación cultural. Patroa dos encontros de música tradicional de Carboeiro.
Próximas datas

Encontros de música tradicional

Organizados pola Asociación Santa Ferreña.

Outras foliadas