XXIII Romaría Etnográfica Raigame

domingo, 17 de maio ás 10:30
Vilanova dos Infantes, Celanova, Ourense
Imaxe principal para XXIII Romaría Etnográfica Raigame

10:30 Comezo.

Programación completa nas imaxes de abaixo ou aquí en PDF.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, Vilanova dos Infantes (Celanova) volve converterse no corazón da cultura popular galega coa celebración da XXIII Romaría Etnográfica Raigame, organizada polo Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense.

Dende as 10:30 horas, o burgo medieval encherase de canteiros, tecedeiras, fiandeiras, ferreiros, zoqueiros e moitos outros oficios e artesanías tradicionais que nos trasladan á Galicia de arredor do 1900. Haberá tamén grupos de ambientación, música popular, teatro, cotacontos, obradoiros...

Festa de Galicia de Interese Turístico dende hai máis de dúas décadas, Raigame é moito máis ca unha romaría etnográfica: é memoria viva do noso pobo.
Compartir:
Máis información: raigame.gal

Asociacións e artistas participantes

Aturuxos do Miño

Ourense

Asociación cultural.
Próximas datas

Banda de Gaitas e Danzas O Irixo

O Irixo, Ourense

Escola de música e baile tradicional galego.
Próximas datas
CF

Castro Floxo

Ourense

Grupo de danzas e Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense.
Próximas datas

Cé Orquestra Pantasma

Home orquestra é un proxecto unipersoal con diferentes propostas musicais.
Próximas datas

Celavella

Celanova, Ourense

Pandeireteiras.
Próximas datas
C

Chouteiros

Maceda, Ourense

Asociación cultural.
Próximas datas

De pé feito

Ourense

Agrupación ourensá formada polo alumnado e mestres/as da AOFT (asociación ourensá de folclore tradicional).
Próximas datas

De Ruada

Ourense

Coral. Agrupación histórica musical galega. Fundada no ano 1918.
Próximas datas

Feitizo de Pau

Próximas datas
L

Lemavos

Monforte de Lemos, Lugo

Asociación folclórica.
Próximas datas

Lembranza Solpor

Celanova, Ourense

Asociación cultural.
Próximas datas

Mestre Manuel Gacio

Lestedo, Boqueixón, A Coruña

Asociación cultural.
Próximas datas

O Forrollo

Pandeireteiras.
Próximas datas
PM

Pandeireteiras de Merca

Próximas datas
PS

Pandeireteiras de Soutopenedo

Próximas datas

Rebulir

Ramirás, Ourense

Asociación cultural e escola de baile e música tradicional. Nace no ano 2005 seguindo coa senda aberta anteriormente pola agrupación folclórica Sendra, a banda de gaitas de Ramirás e a escola de baile de Ramirás.
Próximas datas

Sete Estralos

Grupo de música tradicional galega.
Próximas datas

Romaría Etnográfica Raigame

A Romaría Etnográfica Raigame ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes.

Nace no ano 2002 coma un certame festivo artesanal no que se pretende destacar as singularidades e características que conserva o pobo de Vilanova dos Infantes.

Outras foliadas