Asociación cultural e escola de baile e música tradicional. Nace no ano 2005 seguindo coa senda aberta anteriormente pola agrupación folclórica Sendra, a banda de gaitas de Ramirás e a escola de baile de Ramirás.
A Romaría Etnográfica Raigame ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes.
Nace no ano 2002 coma un certame festivo artesanal no que se pretende destacar as singularidades e características que conserva o pobo de Vilanova dos Infantes.