XIX Foliada de Melide

sábado, 25 – domingo, 26 de abril
Melide, A Coruña
Imaxe principal para XIX Foliada de Melide

sábado, día 25
11:00 Apertura da mostra de artesanía e instrumentos. Praza do convento.
11.30 Animación de rúa con xigantes e cabezudos: Os Treboeiros da Muimenta.
12:00 XV Concurso de cantos de taberna. Zona dos viños.
15:30 Entrega de premios do concurso de cantos de taberna. Praza das coles.
17:00 Animación de rúa: Os Treboeiros da Muimenta.
17:30 Obradoiro de baile (adultos) con Manu Seoane. Praza do convento.
19:00 Marcha gaiteira. Percorrido pola vila.
19:30 Serán. Praza das coles.
00:00 Actuacións de Os Carecos e Os d'Abaixo. Praza das coles.

domingo, día 26
11:00 Apertura da mostra de artesanía e instrumentos. Praza do convento.
11.30 Animación de rúa con xigantes e cabezudos. Banda de gaitas de Ortigueira.
12:00 Presentación musicalizada do libro: O violín que trae o vento de Adrián Méndez. Salón de plenos do Concello.
13:00 Actuación da Banda de gaitas de Ortigueira. Praza do convento.
14:00 Sesión vermú con Irmaus da Raia Seca. Praza das ichoas.
17:00 Actuación infantil: Os Monifates. Praza do convento.
18:00 Mostra de baile tradicional con Cántigas e Frores. Praza do convento.
19:00 Actuacións de Felisa Segade e Tiruleque. Praza das coles.
Compartir:
Máis información: @foliadamelide

Asociacións e artistas participantes

A Maristela

Sobrado, A Coruña

Grupo de baile e música tradicional. A Asociación de mulleres rurais A Maristela nace no ano 2000 no concello de Sobrado dos Monxes.
Próximas datas

A Rexouba

A Coruña

Grupo de música tradicional.
Próximas datas

Airiños Galegos Doce Albor

Santurzi, País Vasco, Alén do Padornelo

Corxa Airiños Galegos Doce Albor. Santurzi (Biscaia).
Próximas datas

Bingo Birón

Toques, A Coruña

Próximas datas

Cántigas e Frores

Lugo

A asociación cultural "Cántigas e Frores" foi creada en Lugo no ano 1948 como unión das agrupacións "Frores e Silveiras" e "Cantigas e Aturuxos". Ambas agrupacións proviñan da excisión do "Orfeón Galego" que dirixía o mestre Xoán Montes.
Próximas datas

Escola de Gaitas de Ortigueira

Ortigueira, A Coruña

A Escola de Gaitas de Ortigueira é unha agrupación folclórica fundada no ano 1975. Foi a primeira banda de gaitas creada en Galiza e a impulsora do nacemento do Festival de Ortigueira.
Próximas datas

Eu que sei

Culleredo, A Coruña

Taberneiros.
Próximas datas

Felisa Segade

Santiago de Compostela, A Coruña

Pandeireteira. Formou parte de Cantigas e Agarimos e Rosalía de Castro de Cacheiras. Desde o ano 1989 ata o 2023 formou parte de Leilía, unha das agrupacións máis relevantes da música tradicional.
Próximas datas

Fol da Chousa

Visantoña, Santiso, A Coruña

Agrupación folclórica. Fundouse no ano 2008.
Próximas datas
FN

Froito Novo

Melide, A Coruña

Gaiteiros.
Próximas datas

Gaiteiros do Balado

Toques, A Coruña

Próximas datas

Herba Grileira

Melide, A Coruña

Escola de baile e música tradicional.
Próximas datas

Irmaus da Raia Seca

Música trans ou transcultural [dun lado ao outro] que forma parte do inmaterial microcosmos raiano. Formado por Gutier Álvarez (violín e zanfona), Pedro Pascual (bouzouki), Javier Álvarez (acordeón diatónico), e Pablo Pascual (clarinete baixo).
Próximas datas

Manu Seoane

As Cruces, A Coruña

Manuel Seoane naceu en As Cruces, na Coruña, no ano 1999. O seu primeiro contacto coa gaita e a música tradicional galega produciuse no ano 2003 no seo da asociación cultural A Maristela (en Sobrado dos Monxes) grazas a Suso Ascariz. Participou en varias ocasións nas seleccións para o MacCrimmon Trophy na gaita, clasificándose 4 veces e gañando a selección en 2022.
Próximas datas

O Bringuelo

Arzúa, A Coruña

Asociación cultural.
Próximas datas

Os Carecos

Ortegal

Grupo de pandeireteiros. Fundouse no ano 2014.
Próximas datas

Os d'Abaixo

Santiago de Compostela, A Coruña

Os d’Abaixo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folclore de Galiza. Formouse no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela.
Próximas datas

Palacio do Rei

Palas de Rei, Lugo

Asociación cultural.
Próximas datas

Pozo Pequeno

Melide, A Coruña

Gaiteiros/as.
Próximas datas

Tiruleque

A Coruña

Grupo de música galega. Nace no ano 2002. Música baseada na tradición galega, con elementos modernos, feita para cantar e bailar.
Próximas datas

Treboeiros da Muimenta

Sobrada, Tomiño, Pontevedra

Próximas datas

Foliada de Melide

A Foliada de Melide celébrase anualmente na derradeira semana de abril.

A primeira edición foi no ano 2005, organizada pola asociación cultural O Castelo.

Outras foliadas