Serán de San Antón

sábado, 17 de xaneiro, a esta xa non chegamos!
As Cortellas - Padróns, Ponteareas, Pontevedra
Imaxe principal para Serán de San Antón

20:00 Comezo.

Como cada ano por estas datas, organizamos un pequeno serán no que xuntarnos maiores e xóvenes, no que compartir baile, música, tradición e encontros. Traede os vosos instrumentos e acompañádenos nesta noite tan especial para os veciños e veciñas das Cortellas.

Organizado por Rancho de Reis As Cortellas.

Compartir:

Artistas participantes

Os Alegres

Mourente, Pontevedra

Gaiteiros. Desde 1939.
Próximas datas

Rancho de Reis As Cortellas

As Cortellas, Padróns, Ponteareas, Pontevedra

Somos un un grupo de danzas brancas, onde bailamos 3 bailes: castañolas, palillos e arcos. Nos anos 60 foi cando se deixou de bailar estas danzas no noso barrio a consecuencia da emigración e os xeitos de vida. Recuperámolos no ano 1991, onde tivemos o privilexio de que algúns dos que bailaran neses anos 60, nolas ensinaron tanto baile, música e vestimenta e incluso bailaron con nos nesa época. A partires de aí, intentamos coidar cada detalle o máximo con todo respecto, amor e cariño.
Próximas datas

Xebre

Grupo de gaitas.
Próximas datas

Outras foliadas