Somos un un grupo de danzas brancas, onde bailamos 3 bailes: castañolas, palillos e arcos. Nos anos 60 foi cando se deixou de bailar estas danzas no noso barrio a consecuencia da emigración e os xeitos de vida. Recuperámolos no ano 1991, onde tivemos o privilexio de que algúns dos que bailaran neses anos 60, nolas ensinaron tanto baile, música e vestimenta e incluso bailaron con nos nesa época. A partires de aí, intentamos coidar cada detalle o máximo con todo respecto, amor e cariño.
Contacto
Non temos información de contacto para Rancho de Reis As Cortellas. Se es o artista/entidade podes enviarnos información a ola@haifoliada.gal.
Non temos constancia de próximos concertos ou eventos para Rancho de Reis As Cortellas.
Pode que se nos escape algunha data, se sabes dunha podes enviarnos información aquí, só che levará un par de minutos e axudarás a manter a web actualizada. Graciñas! 💖
A estas xa non chegamos. Quedan aquí a modo de arquivo para a súa consulta.