Semana da música tradicional no conservatorio de música de Vigo

luns, 5 de maio - venres, 9 de maio, a esta xa non chegamos!
Vigo, Pontevedra
Auditorio Marín Códax, Conservatorio de música, rúa Manuel Olivié 23
Imaxe principal para Semana da música tradicional no conservatorio de música de Vigo

luns, día 5
20:00 Concerto de Cantometrics.: Efémeras.

martes, día 6
19:00 Presentación da colección Chave Mestra de aCentral Folque: Tocadoras do Val do Dubra. Por que non hei de cantare. Autores: David Fontán, Lucía Santiago e Carlos Rey. Presenta: Ramon Pinheiro Almuinha (editor e diretor de aCentral Folque).

20:00 Concerto de Latriqueiras da A.C.F. O Fiadeiro. Homenaxe ás protagonistas desta edición das Letras Galegas 2025: Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e ás Pandereteiras de Mens: Manuela Lema Villar e as irmáns Prudencia e Asunción Garrido Ameijende (Malpica de Bergantiños).

mércores, día 7
19:00 Presentación do traballo discográfico: Xoán Carlos Rilo.

20:00 Concerto de Alumnado e profesorado de IMTP (Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia). Repertertorio das cinco homenaxeadas do día das Letras Galegas.

xoves, día 8
20:00 Concerto das letras galegas protagonizado polo alumnado do Departamento de Canto, IMTP, Guitarra, Composición e Produción e Xestión, Oswaldo Oro (guitarra e composición), Ángela Placer (composición), Ivan Abal (zanfona) e Jose Manuel Fernández (piano e composición).

venres, día 9
20:00 Monográfico sobre Octavio Vázquez. Roberto Noche (clarinete), Luis Caballero (violoncello), Severino Ortiz (piano), Fernando Raña (frauta) e Rasa Biveiniene (piano).

Organizado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Compartir:
Máis información: @csmvigo

Asociacións e artistas participantes

Cantometrics

“Cantometrics” é o primeiro traballo discográfico da banda do mesmo nome, estreado en maio de 2023. O título homenaxea o método de análise que Alan Lomax desenvolveu para estudar as músicas de raíz. Lomax defendía que as características musicais do canto son un reflexo da sociedade que interpreta esa música: noutras palabras, cantamos como somos.
Próximas datas

Latriqueiras

Vigo, Pontevedra

Forman parte da asociación O Fiadeiro.
Próximas datas

O Fiadeiro

Vigo, Pontevedra

A asociación cultural folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás novas xeracións o legado da cultura inmaterial da tradición galega.
Próximas datas

Xoán Carlos Rilo

Barakaldo, Alén do Padornelo

Nado en Baracaldo (Bizcaia) en 1966 é un gaiteiro, mestre gaiteiro e músico.
Próximas datas

Outras foliadas