16.30 Agarrad@s e non só
Obradoiro práctico con Serxio Cobos que afonda nas conexións dos bailes galegos con estilos e ritmos como o vals, a polca ou o chotis. Reserva a túa praza de balde en cidadedacultura.gal.
19.00 Lagharteiras
Actuación do premiado grupo de pandeireteiras e cantadoras de Mos, cunha longa traxectoria na conservación, recuperación de divulgación do canto tradicional e da pandeireta.
20.30 Radios Cos
Unha das últimas oportunidades de ver en directo a Radio Cos, banda referente da música de raíz fundada por Xurxo Fernandes e Quique Peón, na súa xira de despedida dos escenarios.
Os concertos son con acceso libre e de balde ata completar capacidade.