Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.
Foliada organizada por Elena Ferro desde o ano 2022. Celébrase o segundo sábado de setembro. "Un evento para poñer en valor a nosa cultura e o noso idioma a través de concertos, teatro, títeres, ... nun entorno rural".
Faise na eira do taller de Elena Ferro en Merza e nunha leira contigua para os concertos principais. Hai actividades durante todo o día e postos de comida: polbo á feira, empanadas, tortillas ou carne ó caldeiro.