Buscar

As Nosas Músicas

Data martes, 13 de agosto - mércores, 14 de agosto, a esta xa non chegamos!
Imaxe principal para As Nosas Músicas

martes, día 13

17:00 Xogos tradicionais na música e na festa.

18:00 Apertura da II Mostra de Artesanía. Con espazo artesanía popular e espazo instrumentos musicais.

18:15 Charanga A Ponte Vella.

19:30 Títeres Cachirulo: “ As xeneralas do Ulla”.

21:00 Comezo da Ruada con Benofán (Calo, Teo).

21:50 Pandeireteiras A Ponte Vella (Reis, Teo).

22:40 Pandeireteiras Rosalía de Castro (Cacheiras).

23:30 Pandeireteiras da Pinguella (Bama).

00:20 SilvaRedonda (Rianxo).


mércores, día 14

12:00 Apertura da II Mostra de Artesanía. Con espazo artesanía popular e espazo instrumentos musicais.

12:30 Formacións musicais na comarca da Ulla. As requintas (Pablo Carpintero).

14:00 Sesión vermú. Con A Requinta de Lampai.

17:00 Apertura da II Mostra de Artesanía.

Xogos tradicionais na música e na festa.

20:00 ART-MONIUM, animación musical festiva.

20:15 Iniciación ao baile tradicional. Con Nuria Gesteira.

21:30 Os D'abaixo.

22:40 VII premio As Nosas Músicas 2024.

23:00 Comando Curuxás.

00:10 ART-MONIUM, animación musical festiva.

00:40 PAN.SEN.FRÓN.

01:50 ART-MONIUM, animación musical festiva.

02:30 Ailá.

03:45 Foliada aberta.

Organizado por A Xesteira.

Compartir:
WhatsApp logo Facebook logo Twitter logo Correo Copiar
Máis información: asnosasmusicas.gal

Abrir mapa en Google Maps.

Asociacións e artistas participantes

A Pinguela de Bama

Bama, Touro, A Coruña

Asociación cultural. Nace no ano 2017 co obxectivo de impulsar o Entroido dos Xenerais da Ulla e dinamizar a vida social e cultural da parroquia e da súa contorna.
Próximas datas

A Ponte Vella

Reis, Teo, A Coruña

Grupo de baile e música tradicional fundado no ano 1986.
Próximas datas

A Xesteira

Couso, A Estrada, Pontevedra

A Asociación Cultural e Xuvenil A Xesteira traballa na difusión cultural e coñecemento da historia e costumes dos lugares nos que vivimos.
Próximas datas

Ailá

Ailá emerxe das foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega.

Próximas datas

Charanga Benofán

Calo, Teo, A Coruña

Charanga tradicional formada por rapaces e rapazas de Calo.
Próximas datas

Comando Curuxás

Comando Curuxás nace no ano 2017. O seu son lembra ás antigas romarías. Defínense como "música tradicional Maquis".

Próximas datas

Os d'Abaixo

Santiago de Compostela, A Coruña

Os d’Abaixo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folclore de Galiza. Formouse no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela.
Próximas datas

PAN.SEN.FRON

Pandeireteiras sen Fronteiros é un grupo de música tradicional de Galicia, feita con voz e percusión. Os seus principais obxectivos son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmandala con outras culturas e sonoridades tradicionais.
Próximas datas

Requinta de Lampai

Lampai, Teo, A Coruña

A Requinta de Lampai está formada por seis músicos.
Próximas datas

Rosalía de Castro

Cacheiras, Teo, A Coruña

Asociación cultural.
Próximas datas

SilvaRedonda

Rianxo, A Coruña

Próximas datas

Foliada de Couso

A foliada de Couso está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil A Xesteira, que traballa na difusión cultural e coñecemento da historia e costumes dos lugares nos que vivimos.

Outras foliadas