10:00 Saída cogomelos con Merche Nodar. Necesaria inscrición.
13:00 Charla, identificación e exposición con Merche Nodar.
13:30 Vermú con castañas asadas.
17:30 Ce Orquestra Pantasma para xente miúda e grande.
21:00 Cantos de taberna de Couso.
22:00 Ruada de outono.
01:00 Ruada aberta.
Organizado por A Xesteira.
A foliada de Couso está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil A Xesteira, que traballa na difusión cultural e coñecemento da historia e costumes dos lugares nos que vivimos.