ABRIL, De Ninghures, Baiuca, Caamaño & Ameixeiras e máis no Festiletras

sábado, 23 de agosto - domingo, 24 de agosto
Aldea do Couto
Imaxe principal para ABRIL, De Ninghures, Baiuca, Caamaño & Ameixeiras e máis no Festiletras

Programación en festiletras.gal proximamente. Entradas dispoñibles en ataquilla.com desde 16,50 €.

Horarios e máis información proximamente.
Compartir:
Máis información: festiletras.gal

Asociacións e artistas participantes

ABRIL

Formado por Claudia Abril, Marina Carpente e Antón Lago. Nace no ano 2022.
Próximas datas

Baiuca

Catoira, Pontevedra

Baiuca está formado por Alejandro Guillán Castaño, nado en 1990. Innova coa mestura de música electrónica e música tradicional galega resultando un estilo que algúns dan en chamar folktrónica.
Próximas datas

Caamaño & Ameixeiras

O dúo Caamaño & Ameixeiras está formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). O dúo formouse no ano 2018 e está ligado á música e ao baile de raíz.

Próximas datas

De Ninghures

De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada.

Próximas datas

Donaire

A Coruña

A asociación cultural Donaire nace no ano 2000. Está dedicada á música e baile tradicional.
Próximas datas

Faíscas da Pontraga

Fundado o 20 de xullo do ano 2002, tras a xuntanza de catro amigos para participaren nun concurso de cuartetos tradicionais.

Próximas datas

Farrapos de Cesullas

Cabana de Bergantiños, A Coruña

Próximas datas

Fran Sieira compañía de danza

Fran Sieira compañía de danza nace no ano 2017 pola inquedanza do bailador de danza tradicional galega de dar un paso máis na súa carreira artística. Fran Sieira impartiu clases de baile e música tradicional durante máis de 15 anos antes de crear a compañía de danza.
Próximas datas

Requinta de Lampai

Lampai, Teo, A Coruña

A Requinta de Lampai está formada por seis músicos.
Próximas datas

Festiletras

As Festiletras naceron na Aldea do Couto en 1982, como un espazo para todos, un reflexo da tradición cultural.

Outras foliadas