Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Festiletras

sábado, 17 de maio, a esta xa non chegamos!
Aldea do Couto
Imaxe principal para Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Festiletras

10.30 Pregón.
Fina Casalderrey: «Lembrando a Alba de gloria de Castelao».
Icía Varela. Interpretación musical: «As cantareiras das Letras 2025».

11.00 Obradoiros.
Lareira. Suso Baamonde: Interpretación de pandeireta.
Primeiro andar. Sanín: Construción de pandeiretas.
Quinteiro. Olga Kirk: Baile tradicional.
Salón de Actos. Xabier Díaz: Palestra das Letras.
Cabanote. O Son das Varas: Cestería.

11.30 No Quinteiro
Exposición e venda de artesanía e libros en galego.

12.30 No Salón de Actos
Fundación Legar: Música de raíz. Xabier Blanco.

12.35 No Tornarratos
Choiva Viños: As letras e o viño.

13.00 Aldea do Couto
Yago Espasandín: Roteiro teatralizado pola Aldea do Couto
Yoseba: Inauguración do mural Cantareiras.

13.30 No Quinteiro
Foliada infantil.

14.30 No Quinteiro
Bestas: Sesión vermú.

15.00 No Quinteiro
MELGA (Museo Etnolúdico Galego): Xogos tradicionais.

16.00 No Cabanote
Elena Ferro: Obradoiro de coiro e zoques.

16.30 Tornarratos.
Beatriz Campos: Como contar un conto.

17.00 No Salón de Actos
Cova Céltica Libros das Letras Galegas 2025 e as recollidas no territorio galego.
Coordina: Marta Villar.
Participan: Domingo Blanco, Poesía popular galega (Xerais), Patricia Blanco, As voces da terra (La Voz de Galicia), José Manuel Fernández Pensado, As Vellas de Mens (Galaxia), Antonio Reigosa, Galicia Encantada, Mini Rivas, Cancioneiro. Xosé Manuel Varela, Cantareiras (Xerais).

18.30 Na Igrexa de San Tirso
«Misa en galego». Luis Pinto e Irma Macías:«Cantan a misa». Banda de Gaitas de Betanzos: «Himno galego».

18.50 No Monólito Pondaliano do Adro
«Ofrenda floral colectiva».
Coral A Oliveira de Monte Branco: «Himno galego».
Banda Gaita de Betanzos: Antigo Reino de Galicia.

19.00 No Salón de Actos
Acto de entrega dos premios 'Bos e Xenerosos'.
Agrupación Folklórica Aturuxo, Leilía, Milladoiro e Antón Luís Santamarina Fernández con acompañamento musical de Blanca Represas. Irma Macias: Peche do acto coa interpretación de 'Lela' de Castelao.

20.00 Na Eira
Banda de Gaitas de Betanzos: Foliada.

21.00 Na Carpa das Letras.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Catuxa Salom.

Entradas desde 13,20 € en entradas.ataquilla.com.
Compartir:
Máis información: festiletras.gal

Artistas participantes

Adufeiras de Salitre

Cantareiras e pandeireterias.

Próximas datas

Xabier Díaz

A Coruña

Xabier Díaz, nado na Coruña o 22 de agosto de 1969, é un músico galego, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional.
Próximas datas

Festiletras

As Festiletras naceron na Aldea do Couto en 1982, como un espazo para todos, un reflexo da tradición cultural.

Outras foliadas