Danzas de Reis das Cortellas

martes, 6 de xaneiro, a esta xa non chegamos!
As Cortellas - Padróns, Ponteareas, Pontevedra
Imaxe principal para Danzas de Reis das Cortellas

17:00 Comezo.

Como é tradición neste día, poderedes ver e desfrutar as Danzas de Reis das Cortellas. Este ano temos tamén un ranchiño de nenos e nenas que están a aprender. Estamos felices de que nos acompañedes nesta fermosa tradición que queremos manter, divulgar e compartir.

Organizado por Rancho de Reis As Cortellas.

Compartir:
Máis información: @ranchodereisdascortellas

Artistas participantes

Rancho de Reis As Cortellas

As Cortellas, Padróns, Ponteareas, Pontevedra

Somos un un grupo de danzas brancas, onde bailamos 3 bailes: castañolas, palillos e arcos. Nos anos 60 foi cando se deixou de bailar estas danzas no noso barrio a consecuencia da emigración e os xeitos de vida. Recuperámolos no ano 1991, onde tivemos o privilexio de que algúns dos que bailaran neses anos 60, nolas ensinaron tanto baile, música e vestimenta e incluso bailaron con nos nesa época. A partires de aí, intentamos coidar cada detalle o máximo con todo respecto, amor e cariño.
Próximas datas

Outras foliadas