Adolfina Casás Rama e mais a súa sobriña Rosa foron dúas labregas da Vila da Igrexa (Cerceda), cantareiras na súa comarca, xunto a outras veciñas, a mediados do século XX. Ambas foron entrevistadas por Dorothé Schubarth para o Cancioneiro Popular Galego. Non actuaron para o público xeral, máis alá dos seus veciños e familia.
Contacto
Non temos información de contacto para Adolfina e Rosa Casás. Se es o artista/entidade podes enviarnos información a ola@haifoliada.gal.
Non temos constancia de próximos concertos ou eventos para Adolfina e Rosa Casás.
Pode que se nos escape algunha data, se sabes dunha podes enviarnos información aquí, só che levará un par de minutos e axudarás a manter a web actualizada. Graciñas! 💖
A estas xa non chegamos. Quedan aquí a modo de arquivo para a súa consulta.