A memoria das avoas: creadoras e transmisoras da nosa cultura popular

domingo, 25 de maio, a esta xa non chegamos!
Centro sociocultural
Imaxe principal para A memoria das avoas: creadoras e transmisoras da nosa cultura popular

11.50 Apertura.

12.00 Obradoiro de canto e pandeireta ao redor do legado de Adolfina e Rosa Casás Rama. Impartido por Roberto Rodríguez.

13.30 Xantar.

16.00 O relato de Eva Castiñeira. A narrativa detrás da oralidade das homenaxeadas”. Impartido por Branca Villares.

17.30 Descanso.

17.45 Obradoiro de canto e pandeireta ao redor do legado das Pandeireteiras de Mens. Impartido por Icía Varela.

Organizado por Asociación do baile e a música de tradición galega.

Compartir:
Máis información: @agg.gal

Asociacións e artistas participantes

Adolfina e Rosa Casás

Vila da Igrexa, Cerceda, A Coruña

Adolfina Casás Rama e mais a súa sobriña Rosa foron dúas labregas da Vila da Igrexa (Cerceda), cantareiras na súa comarca, xunto a outras veciñas, a mediados do século XX. Ambas foron entrevistadas por Dorothé Schubarth para o Cancioneiro Popular Galego. Non actuaron para o público xeral, máis alá dos seus veciños e familia.
Próximas datas

Asociación do baile e a música de tradición galega

Pontevedra

Asociación de gaiteiros/as galegos/as.
Próximas datas

Branca Villares

Lugo

Naceu en Lugo no ano 1980. Forma parte de Eudemónicas e imparte aulas de canto tradicional, pandeira, pandeiro e pandeireta en diferentes escolas municipais e colectivos culturais da provincia.
Próximas datas

Eva Castiñeira

Agranzón, Muxía, A Coruña

Josefa Eva Castiñeira Santos, máis coñecida como Eva Castiñeira, naceu en Agranzón (San Martiño de Ozón, Muxía) en 1925. De ben nova, con só oito anos, xa cantaba nos bailes e romarías con outras dúas pandeireteiras veciñas da bisbarra e mais coa súa irmá Engracia. En 1981 participou como convidada nun concerto de Milladoiro, de modo que foi a primeira pandeireteira en acompañar un grupo folk.
Próximas datas

Pandeireteiras de Mens

Mens, Malpica de Bergantiños, A Coruña

Prudencia, Asunción, Manuela, Adela e Teresa. Déronse a coñecer no ano 1973 coa súa integración na agrupación Aturuxo. Actuaron en toda Galicia, boa parte de España, Francia, Portugal e a Arxentina. Varios dos bailes do seu repertorio, como a Muiñeira de Lañas, o Fandango Muradán ou o Maneo de Mens, forman parte hoxe en día do acervo folclórico galego.
Próximas datas

Outras foliadas